Paideia e MANS Centro Empresarial promoven “Moito Conto”
Paideia e MANS Centro Empresarial promoven “Moito Conto”, a última obra teatral do director lalinense Álex Sampayo (“El Internado” y “Padre Casares)
O medio ambiente eríxese en protagonista indiscutible desta historia adaptada do clásico dos irmáns Grimn
A última proposta familiar do director lalinense Álex Sampayo e a compañía compostelana Redrum Producciones ten a súa posta en escena o luns 28 de novembro en MANS Centro Empresarial, onde asisten dous centros educativos de primaría do Concello da Coruña (CEIP Manuel Murguía e CEIP Sal Lence). A obra adaptada pola compañía, baséase no popular conto Hansel e Gretel, todo un clásico dos irmáns Grimm.
O pase deste luns, está financiado íntegramente pola Fundación de Rosalía Mera, dentro dos acordos de colaboración que mantén Paideia coa compañía de teatro Redrum, impulsando políticas de desenvolvemento económico, social, cultural e medio ambiental.
Trátase dunha representación teatral ca que se pretende reformular contos coñecidos por todos, estimulando a creatividade dos máis pequenos e chegando ós recordos dos maiores.





