Mans - Noticias

Cantabile gravará o seu Cd dentro do programa Outra + Outra 9ª edición

14
Feb
2014

Cantabile gravará o seu Cd dentro do programa Outra + Outra 9ª edición

O coro Cantábile gravará o seu Cd dentro do programa Outra + Outra 9ª edición.

A Deputación Provincial da Coruña e o Estudio de Gravación MANS, promovido pola Fundación Paideia Galiza, pretenden con este convenio fomentar o desenvolvemento estratéxico do sector da música na provincia da Coruña. En concreto, apoiar ás formacións musicais co fin de facilitar que se coñeza o que fan, impulsando o seu desenvolvemento e crecemento na nosa zona.

¿A QUEN VAI DIRIXIDO?

A 6 agrupacións musicais que creen ou executen distintos tipos de estilos musicais:

bandas de música, corais, grupos de cámara, rondallas, etc., da provincia da Coruña.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

.- Estar incluído na rede cultural da Deputación para o ano 2014

▪ Achegar currículo do grupo e cadro instrumental

▪ Cubrir o formulario de solicitude

PRODUTO: características

Entrega de 1000 copias en CD

Un día de gravación, incluíndo a edición, mestura e masterización en sistema de gravación a disco duro Pro Tools HD3. Deseño do CD, dispoñibilidade de piano e catering.

DIRECCIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA

Mans Estudios de Gravación

 CUSTO

3714  €  + IVE (1000 copias en CD)

 SUBVENCIÓN

Achega de 2900 € da Deputación Provincial da Coruña

PRAZO DE SOLICITUDES

Dende o 1 xuño de 2013, quincenalmente ata cubrir prazas.

DATAS DE GRAVACIÓN

En función da dispoñibilidade do Estudo.

CONTRAPRESTACIÓNS A FAVOR DA DEPUTACIÓN

Promoción das agrupacións musicais da rede cultural da Deputación

 RECEPCIÓN DE SOLICITUDES

informacion@mans-paideia.com

Tfno.: 981 910 100  Fax: 981 910 101

DATAS DE GRAVACIÓN

En función da dispoñibilidade do Estudo.