Mans - Noticias

ESTUDIOS MANS – FUNDACIÓN PAIDEIA COLABORA COA II SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL

23
Nov
2017

ESTUDIOS MANS – FUNDACIÓN PAIDEIA COLABORA COA II SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Os días 27, 28 e 29 de novembro terán lugar na Fundación Paideia Galiza tres masterclass dentro do programa da II Semana das Músicas do Audiovisual.

 

A SEMUA ten un amplo programa dunha semana de duración, que inclúe concertos, obradoiros e masterclass en A Coruña, Compostela e Narón. O acto de peche será a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretará un programa de bandas sonoras de cinema español no Pazo da Cultura de Narón.

 

A sede da Fundación Paideia Galiza será o espazo escollido para a celebración de tres dos eventos incluídos na II Semana das Músicas do Audiovisual, un festival singular adicado á música do cine, a televisión e outros medios, que vén da man da Academia Galega do Audiovisual e a Orquestra Sinfónica de Galicia.

 

No salón de actos da Fundación Paideia Galiza,  na Praza de María Pita da Coruña, terán lugar tres masterclass. A primeira, impartida por Luís Ivars o luns 27 de novembro, tratará diversas cuestións referentes ós dereitos de autor na música para audiovisuais. O martes 28, Óscar Araújo abordará a composición de música para videoxogos. Para finalizar, o mércores 29 Vanessa Garde poñerá sobre a mesa o papel da tecnoloxía á hora de impulsar a creatividade na produción musical.

 

As tres actividades serán de balde previa inscrición a través do correo-e producion@academiagalegadoaudiovisual.gal.

 

Para acceder ó programa completo na web da Academia Galega do Audiovisual:

https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/fernando-velazquez-protagoniza-a-segunda-edicion-da-semana-das-musicas-do-audiovisual/