Mans - Noticias

GAÑADORES AUDICIÓNS MUSICAIS OUTRA + OUTRA 2016

03
Ene
2017

GAÑADORES AUDICIÓNS MUSICAIS OUTRA + OUTRA 2016

Os pasados 28 e 29 de decembro celebrouse nas instalacións de Estudios Mans, coa colaboración da Deputación da Coruña, a edición 2016 do certame Outra + Outra, un programa de promoción do talento musical dirixido a grupos e artistas emerxentes de estilo pop-rock da provincia da Coruña, no que participaron una trintena de grupos integrados por mais dun cento de artistas.

Todos os participantes optaban a 14 premios consistentes na gravación, mezcla e masterización dun EP (de duración máxima de 20 minutos) en Estudios Mans. Tras a celebración das audicións e a deliberación do xurado, composto por promotores e organizadores dos sete Festivais das Rías Baixas (Portamerica, Cultura Quente, O Marisquiño, Atlantic Fest, Sinsal Son Estrella Galicia y SonRias Baixas), resultaron gañadores as seguintes agrupacións: Say My Name, Ruta77, Mojo Experience, Hexany, Not Only Shills, Serj, Allova, Trazos, Diario de Verano, Aula 11, Edu Calvario&Los Mártires del Camposanto, Naranja Imaginario, Closer y Senectud Sideral.

 

 

jurado-outraoutra

Jurado Outra + Outra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

mojoexperience

Mojo Experience

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ruta77

Ruta77

 

 

 

 

 

 

 

 

saymyname

Say My Name

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Todos os participantes tiveron ademais a oportunidade de desfrutar do showcase acústico de Eladio Santos (Eladio y los Seres Queridos) nas propias instalacións de Estudios Mans. O artista intercalou temas do seu último traballo “Cantares” con un repaso pola súa traxectoria profesional, servindo a súa experiencia como músico emprendedor como exemplo a todos os artistas emprendedores que participaron en Outra + Outra.

 

 

eladio-santos

Eladio Santos