Xa está aberta a inscrición para a segunda das xornadas de industrias musicais sobre «As salas e o seu papel. O papel das salas de concertos na programación musical e na industria«, organizada o martes 25 de abril de 19:00h a 21:00h.
II XORNADA DE INDUSTRIAS MUSICAIS: AS SALAS E O SEU PAPEL
OBXECTIVOS DAS XORNADAS:
Conscientes da actual conxuntura da industria cultural e os novos modelos de actividade empresarial –máis multidisciplinares–, as tres entidades promotoras deste ciclo de xornadas, Fundación Paideia, AGADIC e Estudios MANS, procuran impulsar o tecido creativo musical e dotalo de coñecementos e ferramentas que o fagan máis profesional e competitivo. Falaremos con directores/as de festivais, produtores/as, programadores/as, medios de comunicación, críticos/as musicais…, para entender como e cando afrontar cada fase dun proxecto musical. En definitiva un punto de encontro e reflexión sobre a situación do sector das industrias musicais.
Para máis informacións e inscrición: https://www.paideia.es/xornadas-industrias-musicais-25-abril/