Mans - Noticias

Paideia e MANS Centro Empresarial promoven “Moito Conto”, a última obra teatral do director lalinense Álex Sampayo (“El Internado” y “Padre Casares)

15
Dic
2011

Paideia e MANS Centro Empresarial promoven “Moito Conto”, a última obra teatral do director lalinense Álex Sampayo (“El Internado” y “Padre Casares)

Paideia e MANS Centro Empresarial promoven “Moito Conto”, a última obra teatral do director lalinense Álex Sampayo (“El Internado” y “Padre Casares)

O medio ambiente eríxese en protagonista indiscutible desta historia adaptada do  clásico dos irmáns Grimn

A última proposta familiar do director lalinense Álex Sampayo e a compañía compostelana Redrum Producciones ten a súa posta en escena o  luns 28 de novembro en MANS Centro Empresarial, onde asisten dous centros educativos de primaría do Concello da Coruña (CEIP Manuel Murguía e CEIP Sal Lence). A obra adaptada pola compañía, baséase no popular conto Hansel e Gretel, todo un clásico dos irmáns Grimm.

O pase deste luns, está financiado íntegramente pola Fundación de Rosalía Mera, dentro dos acordos de colaboración que mantén Paideia coa compañía de teatro Redrum, impulsando políticas de desenvolvemento económico, social, cultural e medio ambiental.

Trátase dunha representación teatral ca que se pretende reformular contos coñecidos por todos, estimulando a creatividade dos máis pequenos e chegando ós recordos dos maiores.

A obra narra a historia de dous irmáns, Pepiño (Guillermo Carbajo) e Manola (Tamara Canosa), que, enganados pola súa madrastra (Mónica García), acaban perdidos no bosque, vivindo unha aventura que os cambiará para sempre.

A autoestima e a complicidade fraternal posibilitarán que os nenos superen as súas aventuras sans e salvos, permanecendo xuntos e coidándose mutuamente.

A dirección da obra atópase baixo a batuta de Álex Sampayo, do que cabería destacar traballos tales como as series de televisión “El Internado” e “Padre Casares”.

Paideia repite nesta ocasión con Sampayo quen dirixeu o vídeo de promoción turística “ A terra da nai auga” que A Fundación Paideia, a través da Asociación DELOA, editou para publicitar os recursos turísticos da comarca Barbanzana e do Sar

O medio ambiente, protagonista indiscutible

A dimensión ambiental envolve este evento dende todas as dimensións, xa que, ademáis das propias mensaxes transmitidas no transcurso da obra sobre hábitos de vida saudables, menor producción de resíduos en orixen, adecuada segregación dos mesmos, uso responsable da auga e da enerxía, e pautas de comportamento respetuosas co entorno natural que nos rodea, para a recreación da escenografía emplearanse materiais reciclados, así como pantallas LED, minimizando deste xeito o consumo enerxético. O que convertirá a este espectáculo en pioneiro no uso dun tipo de iluminación máis eficiente, ecolóxica e estética nas artes escénicas.

Así, a función cumple cunha doble misión: o entretenimento e a diversión, pero tamén a formación ambiental dos espectadores, prestando especial atención ó público máis xoven.

Personaxes e dirección

Pepiño, personaxe interpretado por Guillermo Carbajo, actor coñecido polo seu traballo en diversas series de televisión nas que interpretou a Roi, fillo de “Pico” en “Pratos Combinados“, e Martiño Bugallal, na máis recente “Valderrei“, quere medrar para parecer maior. É por eso que se pasa o día facendo estiramentos, inventando a súa idade e esforzándose en falar como un adulto, pero lóxicamente non deixa de ser un neno e nesta aventura descubrirá o maravilloso que é selo.

O papel de Manola, irmá de Pepiño, o asume Tamara Canosa, actriz que interpretou a “María” e “Clara” na obra de teatro “A Pensión”, e protagonizou o largometraxe “Pradolongo”, participando en películas tales como “El Espejo”, “Heroína”, “Días azules” o “Entre Bateas”, pero tamén en series televisivas como é o caso de  “Mareas Vivas” y “Valderrei”.

Manola ten unha personalidade compulsiva e está empeñada en reformar os tradicionais bailes das animadoras por algo moito máis creativo. É inxénua e divertida, pero hiperactiva, incapaz de centrarse e estar atenta nin cinco minutos, polo que terá que aprender a xestionar a súa enerxía e escoitar. Descubrirá o importante que é pensar as cousas antes de actuar ,así como o valor do traballo en equipo.

A Madrastra, quen representa o autocontrol, as boas formas e a educación, pero tamén a obsesión, as ansias de poder, a manipulación e a destrución, asume a decisión de abandonar a Pepiño e a Manola sen ningún tipo de remordemento. Este personaxe, tan dispar como interesante, é interpretado pola polifacética Mónica García, cunha traxectoria profesional de máis de vinte anos sobre o escenario, na grande e pequena pantalla, e ganadora en tres ocasións do “María Casares“.