Mans - Noticias

XI PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL · MANS FUTURO 2016

21
Oct
2016

XI PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL · MANS FUTURO 2016

Flyer MANS FUTURO 2016A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza, titular do Estudio de Gravación Audiovisual – Estudios Mans, promoven os XI Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2016.

 

Estes premios  teñen como obxectivo o recoñecemento do esforzo e a posta en valor dos méritos dos artistas noveis galegos/as que veñen de rematar os estudos de música nos Conservatorios Superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia, servindo como proxección destes traballos recollendo o seu traballo coa gravación e promoción dun traballo discográfico.

 

Poden participar nesta convocatoria os alumnos dos Conservatorios Superiores da Coruña e de Vigo que obtiveran a cualificación de sobresaínte ou matrícula de honra no traballo de fin de estudos na especialidade de interpretación no ano académico 2015-2016 ou no anterior.