XII PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL MANS FUTURO 2017 | Mans Centro de Iniciativas Empresariales

Mans - Noticias

XII PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL MANS FUTURO 2017

19
Jun
2017

XII PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL MANS FUTURO 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza, titular do Estudio de Gravación Audiovisual – Estudios Mans, promoven os XII Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2017.
Estes premios teñen como obxectivo o recoñecemento do esforzo e a posta en valor dos méritos dos artistas noveis galegos/as que veñen de rematar os estudos de música nos Conservatorios Superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia, servindo como proxección destes traballos recollendo o seu traballo coa gravación e promoción dun traballo discográfico. Poderán participar na convocatoria os alumnos dos dous conservatorios superiores de música de Galicia que tiveran acadao a cualificación de sobresaínte ou matrícula de honra no traballo fin de estudos na especialidade de interpretación no ano académico 2016/2017 ou no ano anterior.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

+INFO E BASES : https://www.estudiosmans.com/mans-futuro-2017/